Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Xoves, 16 de Novembro de 2006

¡Sr. Alcalde de Ferrol: os cidadáns pedimos a palabra!

AO ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL

Carmelo Teijeiro Menéndez, na sua condición de Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no que están integradas un gran numero de entidades cidadans, culturais i ecoloxistas, EXPON:

Que ten coñecemento de que o vinderio venres vaise celebrar un Pleno extraordinario do Concello de Ferrol, no que un dos puntos a tratar e sobre a sentenza número 1242 do Tribunal Superior de Justicia de Madrid que desestima o recurso contencioso administrativo nº 2478/2003 interposto polo Concello de Ferrol contra a Autorización Administrativa a Reganosa otorgada pola Dirección General de Política Energética y Minas con data tres de xuño de 2002 e publicada no BOE de 24 de xullo de 2002.

O Pleno do Concello en xullo e setembro de 1995, xullo e setembro de 1996, por unanimidade pronuncióuse a favor de que a Planta de Gas se ubique fora da Ria de Ferrol, en referencia a Cabo Prioriño donde desde 1992 para dita Planta existe un espacio previsto e recalificado por este Concello de Ferrol, con amplio consenso social e político, no mesmo espacio do Porto Exterior que agora está próximo a ser inaugurado no ano 2007. Logo o 29 de marzo de 2001 o Pleno do Concello volveuse a pronunciarse para que a Planta de Gas se ubique fora da Ría, con 17 votos a favor do BNG, IF e PSOE e con oito en contra dos concelleiros do PP. Tamen o 29 de mayo de 2001, por 17 votos dos concelleiros do BNG, IF e PSOE, o Pleno do Concello acordou presentar alegacions no proceso de información pública do proyecto básico de Reganosa.

Para a presentación de dito Contencioso Administrativo, no Pleno do Concello de 29 de agosto de 2002 votaron a favor 17 dos concelleiros do BNG, IF e PSOE. Posteriormente o 31 de xullo de 2003, tamen polo voto a favor de 17 concelleiros do BNG, EU, IF e PSOE da actual corporación recentemente elexida, o Pleno Municipal de Ferrol aprobou unha moción na que “ O Concello de Ferrol se ratifica nos acordos plenarios adoptados con anterioridade e mencionados na exposición de motivos, asi como que se compromete a levar adiante aquelas medidas de carácter legal que estén en trámite ou que, eventualmente, poideran iniciarse.”

Por todo ilo, en base o Regulamento de Participación Cidadan do Concello de Ferrol, SOLICITA que polo Alcalde Presidente do Concello se nos permita exercer un turno de palabra nesa sesión do Pleno do Concello, o que suscribe ou outro menbro do Comité Cidadan de Emerxencia, a fin de expoñer un resume da nosa opinión que consideramos de interese xeral para os cidadans de Ferrol en relación con dita sentenza 1242 do Tribunal Superior de Justicia de Madrid que desestima o recurso contencioso numero 2478/2003 interposto polo Concello de Ferrol contra da Autorización Administrativa Previa a Reganosa.

Ferrol 16 de novembro de 2006.

Firmado: Carmelo Teijeiro Menéndez
En español
Acordo Concello Ferrol sobre Reganosa 31-07-2003

Por: Comité Cidadán | Noticias | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

Venres 17 de novembro ás 9.30 h da mañá, todos ao pleno de Ferrol. ¡Reganosa fóra da ría ferrolá!

Manuel | 16-11-2006 12:58:09

Parabiens aos partidos como IU-EU e Os Verdes pola defensa continua frente a ameaza da Planta de Gas dentro da ría de Ferrol
Tamén felicitiar aos colectivos como Comité Cidadán, Ateneo Ferrol, ADEGA, multitude de asociacions e veciñanza que están na mesma loita
¡Grazas!

Antón | 16-11-2006 19:41:00


Adiante coa reividicación, pola Ria¡

Xosé luis | 09-07-2008 12:53:44

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009