Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Sábado, 04 de Novembro de 2006

IX ASEMBLEA CIDADÁN, MARTES 7 DE NOVEMBRO 2006, ás 19,30 horas

A tódalas entidades sociais e persoas, integradas na Asemblea Cidadán de Ferrolterra

IX ASEMBLEA CIDADÁN, MARTES 7 DE NOVEMBRO 2006, ás 19,30 horas
Sala de Actos da A.VV. de Ferrol Vello (Rúa do Curro 1, ó lado do Bar Maristany)

Nas últimas semanas coñeceuse que a Autoridade Portuaria de Ferrol, e seu presidente, para o ano 2007 anunciaron a pretensión de dragar o canal de entrada/saída da Ría, cando xa non e necesario porque vaise inaugurar o Porto Exterior de Cabo Prioriño que poderá recibir os grandes buques e as mercadorías perigosas ou nocivas. Ademais, tendo en conta a necesidade de informar e avanzar nas actuacións contra da ubicación dunha Planta de Gas dentro da Ría, e para que se ubique no Porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Ártabro, o Comité Cidadán acordou convocala IX Asemblea Cidadán, no Salón de actos da A.VV. de Ferrol Vello para o vindeiro martes 7 de novembro, as 19,30 da tarde:

ORDE DO DÍA. -
1º.- Informe de situación, sentenzas do TSXG, recursos da Xunta ó Tribunal Supremo, respostas do Goberno central e da Comisión Europea.

2º.- Concentración e mobilización o sábado 11 de novembro, no peirao de Ferrol e diante da Autoridade Portuaria.

3ª.- Participación do CCE na “Rede Litoral” Vivo, e invitación ás entidades da Asemblea Cidadán que poidan integrarse na mesma.

Por: Comité Cidadán | Convocatorias | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Real madrid