Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Sábado, 16 de Setembro de 2006

Solicitude ao Sr. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE

AO SR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
SAN CAETANO S/N
SANTIAGO DE COMPOSTELA

Carmelo Teixeiro Menéndez, na súa condición de Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, no que participa un gran número de asociacións cidadás, ecoloxistas e culturais, como mellor proceda expón:

Segundo o falado por teléfono coa súa secretaria, o pasado luns 11 de setembro, sigo agardando resposta para a entrevista con Vde, dunha representación de entidades do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, a fin de explicarlle os nosos puntos de vista e as razóns de interese xeral en defensa da vida human e do medioambiente, polos cales a Consellería de Medioambiente debe desistir do recurso de casación ao Tribunal Supremo contra a sentenza 606/2006 de 27 de xuño do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en diante TSXG, que os servicios xurídicos da Xunta presentaron a semana pasada no TSXG.

Tamén seguimos agradando resposta do escrito de 23 de setembro de 2005 co que enviamos 5.469 firmas para que acate primeira sentencia 536/2004 do TSXG.

Dita sentencia 606/2006 do TSXG por segunda vez anula claramente a tramitación ambiental da empresa Reganosa realizada no ano 2001 pola Consellería de Medioambiente, e invalida as alegacións que a mesma presentou e que foron herdadas por vostede.

Por todo iso reitero a SOLICITUDE de entrevista a unha representación de asociacións que integran o Comité Cidadán de Emerxencia, na hora e lugar que a Vde lle sexa posible, para explicarlle os motivos polos cales a Consellería de Medioambiente debe desistr do recurso de casación ó Tribunal Supremo, consecuentemente con seu discurso de nova e positiva politica medioambiental desde a Consellería de Medioambiente e para ser coherente co actual proceso de mellora estatutaria, respetando as decisions do TSXG.

Finalmente, quero amosaralle a nosa felicitación de cómo esta vostede resolvendo a crisis orixinada polos vertidos no Río Umia, agardando que revise toda as situacións herdadas, particularmente as da Ría de Ferrol, en funcionamiento ou en construcción, donde para as persoas e para o medioambiente existe moito maior potencial risco de accidente grave por sustancias perigosas

Ferrol 15 de setembro de 2006.

Asdo. Carmelo Teixeiro

Por: Comité Cidadán | Recursos | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Johnny depp