Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Sábado, 16 de Setembro de 2006

A Xunta de Galicia non debe apoiar a Reganosa na sentenza 606/2006 do TSXG

No TSXG comprobouse a existencia de sendos recursos de casación ao Tribunal Supremo presentados polos servizos xurídicos da Xunta e por Reganosa. A Consellería de Medioambiente debe desistir do mesmo e evitar o empecinamento no “marrón” que a Xunta herdou con Reganosa. Por iso temos solicitada unha entrevista co Conselleiro de Medioambiente.

Por inicativa de dous medios de comunicación galegos, Diario de Ferrol e O Correo Galego, saíron estes días noticias de que a Xunta presentou o 6 de setembro un recurso de casación ao Tribunal Supremo (TS) na sentenza 606/2006 do TSXG que anuló por segunda vez a tramitación ambiental de Reganosa. No TSXG comprobamos que os servizos xurídicos da Xunta, representando á Conselleria de Medioambiente, presentaron devandito recurso a semana pasada, uns días antes do que presentou Reganosa.

Polo que se fixo público, ese recurso da Xunta ao Tribunal Supremo parece vergonzoso e sen argumentos só para prolongar a agonía de Reganosa, coa inercia de servizos técnicos que xa estaban na anterior Xunta ou a dos implicados en facturas inexplicables que poden lastrar negativamente a credibilidade do discurso político da Xunta en medioambiente ou no proceso estatutario. Alguén está cometendo un erro de vulto ou está traballando para clientes políticos da oposición que deu orixe e apoio decidido a Reganosa o que pasará á historia como unha das maiores cacicadas do anterior goberno galego.

A Xunta debe reflexionar en que Reganosa foi iniciada fai uns seis anos cun pacto á romana entre a Xunta, o Grupo Tojeiro, Jose Luís Méndez de Caixa Galicia e a Endesa de Manuel Pizarro (que pronto será de E.ON). A participación da Xunta deixou un ronsel de intervencionismo torpe, ilegal e inmoral nas vías administrativas e no mercado energético, ademais de ameazar a vida humana da poboación de Ría de Ferrol, súa riqueza natural, marisquera e patrimonio histórico. Por iso ese intervencionismo absurdo e irracional debe chegar tamén á Comisaria Europea da Competencia Neelie Kroes, quen xa ensinou os seus poderes nesta materia ao Goberno español dicíndolle que son ilegais as condicións impostas á OPA de E.ON.

Pero a Xunta parece que continúa coa inercia dun pacto á siciliana segundo o cal en Reganosa ninguén debe vender, e se alguén vende deben comprarlle o resto dos socios. Xa pode vir a Galicia un operador enerxético con maior investimento e que respecte o desenvolvemento sostenible; na Xunta seguramente daríanlle longas e diríanlle que Reganosa é estratéxica. Dá a impresión de que na actual Xunta de Galicia hai "topos" ou malos asesores que traballan para os negocios dos amiguetes de quen mandaba na anterior Xunta.

Os servizos xurídicos da Xunta, representando á actual Consellería de Medioambiente, por esixencias do procedemento presentaron o recurso de casación ao mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dictóu a sentenza que anula a tramitación ambiental de Reganosa. Dentro duns días o TSXG dará traslado dese recurso á parte demandante para que realice alegaciones. Poden pasar varios meses no TSXG antes de que este decida se o envía ao Tribunal Supremo, pero a Consellería de Medioambiente sempre terá a opción de desistir dese recurso ao Tribunal Supremo e acatar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, iso en diante esixirémoslle desde o Comité Cidadán e as entidades cívicas, ecolóxicas e culturais. En setembro de 2005 xa lle enviamos 5.469 firmas ao Conselleiro de Medioambiente para que acatase a sentenza primeira do TSXG.

Estes días son noticia os rumores de posibles OPAs a Gas Natural e a Fenosa. Tamén que Caixa Galicia aumentou a súa participación no operador energético portugués EDP, un dos cinco operadores europeos, eléctricos e de gas, que están esperando a seguir o ronsel de E.ON para comprar compañías españolas como Gas Natural, Fenosa etc. Con iso, José Luis Méndez de Caixa Galicia cóidase en ter unha alternativa no sector do Gas para non ter problemas no seu Consello de Administración no caso de que Reganosa non entre en funcionamento e sexa paralizada polas posibles causas que se sabe poden ocorrer como riscos potenciais. Esa é unha razón máis e de peso pola cal a Consellería de Medioambiente debería desistir do recurso presentado ao TS contra a segunda sentenza que anula a tramitación ambiental de Reganosa.

Por todo iso o Comité Cidadán de Emerxencia desde o 8 de setiembre solicitou unha entrevista co Conselleiro de Medioambiente, para explicarlle porque non debería recorrer ao Tribunal Supremo. Non foi concedida porque o Conselleiro esta semana tiña a axenda ocupada. Hoxe por fax quedou reiterada a solicitude de entrevista para que desista dese recurso ao Tribunal Supremo, consecuentemente co seu discurso medioambiental e para ser coherente con actual proceso de mellora estatutaria, respectando as decisións do TSXG. Ademais agora pedimos que se paralice a Reganosa porque todo o seu proceso é ilegal.

En español

Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009