Sábado, 09 de Setembro de 2006
O ocorrido en Caldas de Reis a raíz do incendio da empresa química Brenntag, o pasado venres, provocando un devastador vertido contaminante no Río Umia, tendo que realizar varios diques a uns 12 quilómetros augas arriba da súa desembocadura en Ríaa de Arousa, pode a Consellería de Medioambiente consideralo como un ensaio minúsculo, ou un mal xogo de nenos, comparado co que puidese ocorrer nun incendio na Planta de Gas de Reganosa no caso de que esta chegase a entrar en funcionamento dentro da angosta Ría de Ferrol nun lugar rodeado de alta densidad de poboación.
No proxecto de Planta de Gas de Reganosa, ademais da ameaza á vida humana de miles de habitantes de Ríaa de Ferrol, estase construíndo á beira do mar e encostada a un complexo petroquímico chamado ?Forestal do Atlántico S.A. onde xa existen almacenados 300.000 metros cúbicos de combustibles e unha serie de produtos químicos tóxicos e cancerigenos en cantidade superior á que se incendiou en Caldas de Reis.
Ese complexo petroquímico chamado Forestal do Atlántico, é unha das bombas químicas de destrución masiva herdadas pola Xunta de Galicia cos depósitos de Ferrazo en Vilagarcía, ademais do proxecto de Reganosa en construción.
No caso de Forestal do Atlántico S.A. trátase dunha concesión para unha Estación de deslastres e desgasificación de buques do ano 1977 que caduca no ano 2017, na que lle foron ampliando almacenamiento de hidrocarburos, planta de colas e na que existen os produtos químicos tóxicos e cancerigenos, algúns deles aparecen no informe técnico do medico Carlos Piñeiro Presidentre do Club Eursaude de Ferrol. Do mesmo xeito que en Caldas de Reis o Complexo Petroquímico de Forestal do Atlántico ten as alcantarillas abertas ao mar de modo que todo vertido accidental cae directamente ás augas do interior de Ríaa, pero neste caso non existindo terra por medio na que se poida poñer un dique de contención,
A actual Xunta de Galicia non pode permanecer impasible ante esas bombas químicas ou incendiarias herdadas, con capacidade de destrución masiva pola súa proximidade á poboación e pola ameaza que supoñen de desastre ecolóxico.
O ocorrido en Caldas de Reis é un serio e grave aviso varios organismos autonómicos da actual Xunta a raíz do cal esta debe tomar medidas ante esas bombas químicas herdadas.
Pero é tamén unha demostración mais de que ese tipo de industrias están con falsos informes técnicos ou de calidade e tamén con falsos plans de urxencia que únicamente serven para encubrir o risco de catástrofe. Queda unha vez mais tristemente demostrado que a principal e única medida correctora é o illamento e a distancia suficiente á poboación e aos lugares de interese publico ou natural, tal e como require o articulo 12 da Directiva Seveso II cuxa aplicación é competencia da Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a cal ten que empezar a exercer as súas competencias nesa metería, no canto de mirar para outro lado, ou de aplicala á inversa, con informes do ano 2004 nos que suxire expulsar aos veciños próximos a Reganosa que poden ser afectados polos seus riscos, en lugar de dicir que Reganosa debe situarse a distancia suficiente deles, existindo para iso a alternativa de ubicacion no Porto Exterior en Cabo Prioriño agora xa construído.
En español
Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)
Blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Do Comité:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com