Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Sábado, 19 de Agosto de 2006

MANIFESTACIÓN CONTRA O TERRORISMO INCENDIARIO CONVOCADA POR NUNCA MÁIS

Por Carmelo Teixeiro,
Coordinador do Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h. Moitos dos integrantes do colectivo xa veñen participando nas concentracións que tiveron lugar en varios puntos do país e agora traballan para a reactivación da rede de colaboración entre centos de asociacións de todo o país, e fan un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario. Número para voluntarios/as: 900400800

Como non é posible estes dias a xuntanza do Comite Ciudadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol, logo de falar con outros membros, o seu Coordinador acorda lembrar que o vindeiro domingo 20 está convocada unha manifestación por parte da Plataforma NUNCA MAIS, agardando que as asociacions cidadans, culturais e ecoloxistas, ademais das persoas que participan a titulo individual na Asamblea Cidadan, decidan apoiar dita convocatoria.

En Ferrolterra somos especialmente sensibles da ameaza do terrosismo incendiario, pola amenaza que supon a Planta de Gas que Reganosa construe dentro da Ría de Ferrol. Por iso desde o ano 2000 temos actuacions para que a Planta de Gas de Galicia se ubique no Porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Artabro. Últimamente vimos demandando que non se autorice a entrada en funcionamento de Reganosa e que a Xunta de Galicia non recurra o Tribunal Supremo a ultima sentencia 606/2006 do TSXG de 27 de xuño pasado que anula a falsa tramitación ambiental de Reganosa e invalida as alegacions da Xunta.

Os lumes provocados neste mes de agosto amosan a facilidade con que o terrorismo pode causar traxedias. Agardamos que a Xunta de Galicia tamén teña en conta que para o terrorismo internacional sería un facil e tentador obxectivo a Planta de Gas de Reganosa se chegase a entrar en funcionamento. Asimismo que o risco de terrorismo incendiario xa existe nos depósitos do Ferrazo en Vilagarcia de Arousa con 80.000 m3 de combustibles almacenados, ou no complexo petroquimico chamado “Forestal del Atlantico S.A.” na Ría de Ferrol con 300.000 m3 de combustibles e outros productos químicos almacenados. Nesas instalacions en caso de incendio non servirían para nada os plans de emerxencia de papel dispostos somentes como tapadeira dun moi grave risco de catástrofe.

Agardamos que a Xunta de Galicia non recurra a ultima sentencia do TSXG de 27 de xuño pasado, que por segunda vez anula a tramitación ambiental a Reganosa feita pola Conselleria de Medioambente en xuño de 2001. Pero tamén que a Xunta se desentenda dos compromisos herdados con Reganosa e busque un operador alternativo de Gas natural, dos que apareceron moitos a raiz da OPA de E.ON a Endesa. Ademáis tamen agardamos que a Xunta revise con urxencia a política impositiva de evaluación ambiental herdada dos 16 anos de anterior goberno na Xunta de Galicia, que tivo un varapao coa devandita sentencia do TSXG

En español

Por: Comité Cidadán | Noticias | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009