Mércores, 02 de Agosto de 2006
Anula por segunda vez a falsa tramitación ambiental aprobada pola Consellería de Medioambiente no ano 2001.
O 31 de xullo foi comunicada ás partes a sentenza 00606/2006 de 27 de xuño, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-Administrativo 672/2002 interposto pola Plataforma de Veciños da Parroquia de Meha (Mugardos) e outras asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a falsa Declaración de Efectos Ambientais (DEA) do proxecto de planta de almacenamiento e regasificación de gas natural licuado que a empresa Reganosa constrúe en Mugardos.
A sentenza do TSXG é favorable ao recurso presentado polas asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, estima o recurso administrativo interposto e anula os actos impugnados por ser contrarios a dereito, esa anulación afecta tamén a “indebida” Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001 realizada pola Conselleria de Medioambiente. A sentenza de seis paginas entra ao fondo do asunto e di que “en definitiva deben ser anuladas as resolucións recorridas ante os decisivos defectos competenciales, procedimentales e substanciais derivados da formulación da DEA en indebida sustitución da Declaración de Impacto Ambiental (DIA), non sendo aceptable a alegación da Xunta sobre a pretendida inocuidad da coexistencia dunha DEA e unha DIA cando no ámbito a que se refiren ha de formularse a Declaración que corresponda e que por aplicación da citada normativa na interpretación exposta debería ser a DIA”.
A sentenza é susceptible de recurso de casación ao Tribunal Supremo no prazo de dez días hábiles contados a partir do dia seguinte o 31 de xullo, data de comunicación. Dado que o mes de agosto non conta para os trámites na xustiza, ese prazo continua a partir do 1 de setiembre.
O Comité Cidadán o pasado 19 de xuño, nunha entrevista en Santiago co Director Xeral de Industria Anxo Calvo Silvosa, felicitoulle polo feito de que a Xunta non recorra ao Tribunal Supremo na sentenza do TSXG que anulóu a licenza dos depósitos de Ferrazo en Vilagarcía. Así mesmo se lle dixo que a Xunta fose coherente e non recorrese as sentenzas que se producisen nos contenciosos pendentes no TSXG contra Reganosa. Tamén propúxoselle que a Xunta de Galicia se retirarase do recurso ao Tribunal Supremo na primeira sentenza que o TSXG fallo contra Reganosa en xuño do ano 2004. O Director Xeral quedou en falalo co Conselleiro de Industria. A raíz desa reunión espérase que a Xunta acate as sentenzas do TSXG por ser ultíma instancia de Xustiza en Galicia, e polo tanto non recorra a Madrid ao Tribunal Supremo, máxime cando estamos nun proceso positivo de mellora de competencias autonómicas no que tamén deben recoñecerse as do TSXG.
A interpretación que xa viña sostendo o Comité Cidadán, coa sentenza 536/2004 de xuño de 2004, é que provoca a anulación das autorizacións a Reganosa. Non é firme polo recurso ao Tribunal Supremo presentado en xullo de 2004 por Reganosa e a Xunta de Galicia, o que esta permitindo a Reganosa continuar cunhas obras ilegais. Por iso a raiz da sentenza 606/2006, o Comité Cidadán de Emerxencia valorará o seu contido e alcance, organizará a súa difusión, ademais de analizar en que actuacións administrativas ou xudiciais debe incorporarse o coñecemento e efectos da mesma xa que, ademais de reforzar a anterior 536/2004, é a segunda sentenza contraria a Reganosa nos once contenciosos admitidos a trámite nos tribunais españois.
En español
Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)
Blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Do Comité:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com