Sábado, 22 de Xullo de 2006
O pasado 17 de xullo cumpriuse o quinto aniversario da Declaración de obxectivos do Comité Cidadán de Emerxencia, cuxa copia achégase, realizada o 17 de xullo de 2001 coa participación de D. José Gaberas Montero, falecido en xaneiro de 2005, e que por acordo da Asemblea Cidadá seguímoslle tendo como Presidente de Honor "in aeternun".
Tamén achégase o Boletín nº 1, de 23 de xullo de 2001, coa pregunta realizada, públicamente ese día por D. José Gabeiras Montero, pregunta que hoxe segue sen resposta: “Sres Fraga, Presidente da Xunta de Galicia, Sres Presidentes de Fenosa e Endesa: ¿Que razóns hai para que o Sr. Tojeiro non instale a Planta de Gas en Caneliñas?, ¡Se o que se require é Gas, pódeno ter igualmente desde Caneliñas sen poñer en risco a miles de cidadáns.! .”
Este recordatorio de quinto aniversario, sirva de mirada cara atrás para revisar o que debemos mellorar e para manter o animo, confiando nos obxectivos desa declaración de xullo de 2001, fronte aos cantos de sirena prepotentes coa complicidade dalgúns medios e institucións, que non escoitan o que vimos dicindo “¡Planta de Gas fóra de Ríaa¡, no Porto Exterior de Cabo Prioriño ou en mar aberto do Golfo Artabro!.”
Os procesos nos tribunais iniciados nestes cinco anos seguen avanzando, cunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23 de xuño de 2004 que anula a falsa avaliación ambiental de Reganosa, que desde fai dous anos esta pendente dunha decisión do Tribunal Supremo, o cal se a ratifica quedará anulada a autorización de construción de Reganosa. Quedan outros dez contenciosos máis, algúns en estado moi avanzado.
Sen esperar ás decisións dos tribunais, o Ministerio de Industria ten competencias para tomar decisións que paralicen a ameaza que supoñería Reganosa no caso de que chegase a entrar en funcionamento. Segundo a cláusula oitava da Autorización Administrativa a Reganosa a administración pode deixar sen efecto esa autorización pola existencia de irregularidades como ocultación de información, polo cal solicitouse ao Ministro de Industria que se revise o expediente e os informes irregulares dos anos 2001 e 2004, con condicionados de imposible solución, falsos ou falaces, particularmente os das Direccións Xerales de Industria e de Urbanismo da Xunta de Galicia, da Autoridade Portuaria de Ferrol e do Ministerio de Defensa.
Ademais na Comisión Europea segue aberto o expediente contra o estado español polo feito de que Reganosa vulnera as directivas europeas de avaliación de impacto ambiental e de prevención de riscos de accidentes graves que poden afectar a miles de persoas.
Por outra banda a vía administrativa non está esgotada cando se trata da ameaza á poboación e á riqueza natural de toda unha Ría, polo cal o Grupo Parlamentario de Esquerda Unida no Congreso neste mes de xullo presentou por rexistro a solicitude de comparecencia do Secretario de Enerxía no Ministerio de Industria. Espérase teña lugar no próximo mes de setiembre. Así mesmo no último escrito entregado ao Ministro de Industria o pasado 27 de xuño solicítaselle que paralice as obras de Reganosa e que non autorice a súa entrada en funcionamento.
Quedan mais actuacións neste ano 2006 que retomaremos no mes de setiembre, tendo en conta que Reganosa anunciou para finais de ano a chegada dun gasero cargado de GNL.
En español
Por: Comité Cidadán | Noticias | Comentarios (0) | Referencias (0)
Blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Do Comité:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com