Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Xoves, 13 de Xullo de 2006

O Comité de Emerxencia saúda aos Reis de España na súa visita a Ferrol, e infórmalles das ameazas de Reganosa

Con motivo da súa visita a Ferrol o 14 de xullo de S.M. El-Rei Juan Carlos I, o Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol solicitoulle unha audiencia para darlle información con máis detalles da ameaza que se cierne sobre a poboación de Ría de Ferrol, no caso de que entre en funcionamento a Planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe a 1.500 metros da Cidade de Ferrol e a 1.200 metros do Arsenal Naval Militar.

No escrito enviado a S.M. D. Juan Carlos I, se lle di que antes de que ocorra unha traxedia e para evitar a mesma, nunca se pode dar por esgotada a vía administrativa, polo cal vénse reclamando do Goberno Central e da Xunta de Galicia que non esperen á decisión que desde hai dous anos está pendente de producirse polo Tribunal Supremo en canto a se ratifica a sentenza 536/2004 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a falsa tramitación ambiental realizada por Reganosa e en base á cal desde o Ministerio de industria déronlle a autorización de Construción, nin tampouco que esperen pola decisión dos Tribunais españois noutros dez contenciosos admitidos a trámite ou pola decisión da Comisión Europea no expediente que desde o ano 2003 ten aberto contra o Estado español polo feito de que Reganosa vulnera as directiva europea 85/337/CEE de avaliación de impacto ambiental e a 96/82/CE de prevención de riscos de accidentes graves por sustancias perigosas coñecida como Seveso II, ademais de que Reganosa tamén vulnera o artículo 4 do Regulamento de actividades perigosas que require un mínimo de dous quilómetros desde as industrias perigosas ata os núcleos de poboación agrupada máis próximos.

Nos anexos do escrito envíaselle a S.M o boletín nº 12 do Comité Cidadán que informa con datos, gráficos e fotos, a ameaza que supón Reganosa para a vida humana, para a riqueza marisquera e para a Base Naval Militar. Tamén cono anexo envíaselle o informe de 25 de agosto de 1999, realizado por D. Pedro Español Jofre de Villegas, entón Xefe de Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, cuxa conclusión é que o proxecto de Reganosa afecta á zona próxima de seguridade do Arsenal Naval Militar e é unha ameaza para a poboación de Ferrol. Tamén envíaselle o escrito de 26 de agosto de 1999, do entón Almirante Xefe da Zona Marítima do Cantábrico D. Rafael del Morales Romero enviado ao AJEMA (Almirante Xefe de Estado Maior da Armada en Madrid), enviando tal informe e subscribíndoo, significando que a Planta Regasificadora debería situarse en terreos de Cabo Prioriño que a Armada vendera a ENAGAS para situar neles unha Planta de Gas.

En Español

Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009