Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Venres, 30 de Xuño de 2006

Resultados da Marcha a Madrid (Ministerio Industria e Parlamento)

Mentres por Rexistro presentábanse escritos dirixidos ao Ministro de Industria, o pasado martes, diante do edificio do seu Ministerio, no número 160 do Paseo da Castellana en Madrid, unha Delegación da Asemblea Cidadá realizou unha escenificación da ameaza e risco de catástrofe da Planta de Gas que se constrúe en Ría de Ferrol. Ademais no Congreso esta Delegacion mantivo unha entrevista con Gaspar Llamazares, Coordinador Xeral de IU e entregaron a cada grupo parlamentario un escrito solicitándolles o apoio para que o Ministerio de Industria paralice as obras de Reganosa e non autorice o seu funcionamento.


Nos escritos presentados por rexistro, reitérase ao Ministro de Industria que, a diferenza doutras Plantas como a de Bilbao, Reganosa ten unha atípica autorización de construción de 13 de febreiro de 2004 cuns condicionados irregulares que son imposibles de resolver coa caprichosa ubicación elixida polos promotores, como a distancia ás poboacións próximas ou a saída de urxencia dos gaseros.

Por iso solicítase ao Ministro de Industria que paralice as obras de Reganosa e non autorice o funcionamento á Planta de Gas que constrúe encostada a un Complexo Petroquímico xa existente cun almacenamiento de 300.000 m3 de combustibles e outros produtos químicos, cuxa concesión caduca en xullo do ano 2017, dentro de once anos. Reganosa ten a obrigación de solicitar ao Ministerio de Industria a autorización de funcionamento polo que o Comité Cidadán considera unha irreguaridad mais o que Reganosa estea facendo publica a súa entrada en funcionamento cando aínda non pode solcitar e a súa aprobación que compete ao Ministerio de Industria..

Déixaselle claro ao Ministro de Industria que segundo a normativa legal pode e debe paralizar as obras de Reganosa, sen esperar a decisión do Tribunal Supremo que desde fai dous anos estamos esperando, mentres crece a amezaza de Reganosa, ou sen esperar a que nos Tribunais se producan mais sentenzas contrarias a Reganosa nos dez contenciosos a tramite, despois de que en xuño de 2004 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa sentenciou anular a tramitación de Reganosa, e sen esperar tampouco á decisión da Comision Europea no Expediente no expediente que desde fai tres anos ten aberto contra o estado español.

Recórdanse ao Ministro de Industria os escritos anteriormente enviados ao mesmo, á Ministra de Medioambiente e ao Presidente do Goberno, aínda sen resposta. Neses escritos analízanse os informes de organismos consultados demostrando documentalmente que non se poden considerar como favorables.

Solicítase tamén ao Ministro de Industria que resolva revisar as irregularidades do expediente de Reganosa desde o ano 1999 nos informes dos seis organismos consultados nos anos 2001 e 2003, antes e respectivamente da Autorización Administrativa previa de 3 de xuño de 2000 e a de construción de 13 de febreiro de 2004, outorgadas ambas a Reganosa pola Dirección Xeral de Política Energética e Minas.

Dise ao Ministro de Industria que tales informes de 2001 e 2003, foron realizados para favorecer a Reganosa a costa de que os correspondentes organismos fixeron deixación das súas competencias. Por iso solicítaselle que requira aos actuais responsables dos devanditos organismos que revisen os informes entón realizados, en particular os da Dirección Xeral de Industria e Dirección Xeral de Urbanismo, ambos de la Xunta de Galicia, e así mesmo os informes da Autoridade Portuaria de Ferrol e do Ministerio de Defensa.

Todo iso segundo se lle di ao Ministro de Industria, a fin de de evitar futuras traxedias ante la indolencia reiterada de quenes, como no caso de Reganosa, teñen como obxectivo o beneficio inmediato por encima doutras consideracións esenciais, como a vida de miles de cidadáns ou a riqueza natural de Ría, da que viven mil familias e que en próximos anos poden ser máis do dobre, unha vez este feito o seu saneamiento integral.

A Delegación da Asemblea Cidadá tivo no Congreso unha entrevista con Gaspar Llamazares Coordinador Xeneral de IU, quen facilitou a todo-los partitripantes unha copia da pregunta ao Goberno presentada o 22 de xuño. O Comité Cidadán propúxolle a Llamazares que solicitase a comparecencia no Congreso dos responsables do Ministerio de Industria en relación con Reganosa e entregáronlle un dossier, idéntico ao que se lle presentou por rexistro ao Ministro de Industria, con máis de 100 fotos da poboación próxima aos tanques para GNL que constrúe Reganosa. Segundo a resposta de Llamazares, o seu Grupo no Congreso dos Deputados e no Parlamento Europeo realizará varias iniciativas que se materializarán no próximo mes de setembro, aínda que xa estes días enviará unha comunicación ao Ministro de Industria solicitándolle unha entrevista, todo o cal faría publico nunha nota de prensa. Na entrevista participou tamén a avogada Patricia Gabeiras que representa ás asociacións do Comité Cidadán en varios contenciosos a trámite e na Comisión Europea.
En español

Máis Fotos de M. Cendán
Mías fotos de Raúl Pillado

Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009