Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Domingo, 11 de Xuño de 2006

Posibles novos operadores de Gas Natural

É unha barbaridade monumental que Reganosa sexa unha ameaza permanente para a vida humana de miles de habitantes de Ría de Ferrol no caso de que chegase a entrar en funcionamento. Mentres tanto, a Xunta de Galicia, tal vez por un mal asesoramento, se escuda nunha falsa cualificación de que Reganosa é estratéxica, o que é impresentable cando existen polo menos tres operadores de gas natural dispostos a ubicar unha Planta de Gas fóra de Ría de Ferrol e á espera de que Reganosa sexa paralizada pola Xustiza ou polas autoridades competentes.

En febreiro pasado a raíz da Opa de Gas Natural a Endesa, o Ministro de Economía Solbes anunciou que o goberno dará entrada a dous novos operadores de gas natural en España.



Tamén a finais e marzo pasado o Presidente José Luís Rodríguez Zapatero, no Cume Europeo de Xefes de Estado, propuxo que se acelerase o mercado energético a nivel europeo, o cal tivo o apoio doutros presidentes de goberno e quedou para ser desenvolvido na axenda de Xefes de Estado Europeos.

Posteriormente, para os que realicen un seguimiento do sector de gas natural, non é difícil saber que operadores de gas natural a nivel europeo interésanse por dispoñer de instalacións en España. Tamén se pode coñecer que polo menos tres operadores de Gas Natural están dispostos a ubicar unha Planta de Gas fóra de Ría de Ferrol, á espera de que o goberno ou a xustiza paralice as obras de Reganosa, á que lle falta a autorización de funcionamento. Todos eles deben saber que Reganosa ten unha irregular autorización de construción condicionada a requisitos que son de imposible cumplimentación satisfactoria coa caprichosa ubicación elixida polos promotores dentro de Ría de Ferrol, un deles a distancia ás poboacións que segundo o RAMINP debe ser como mínimo de dous quilómetros e segundo a Directiva Europea Seveso II pode ser superior. Outro requisito é a norma europea EN-1532 segundo a cal os metaneros durante descárga, no caso dunha emerxencia, deben poder saír a mar aberto rápidamente e polos seus propios medios, o que tamén é imposible de cumplimentar cunha ubicación dentro de Ríaa de Ferrol.

Os medios de comúnicación poden preguntar á Xunta de Galicia e ao Goberno Central sobre os movementos que deben ter coñecemento de operadores de gas natural dispostos a ubicar unha planta de Gas fóra de Ría de Ferrol cumprindo coa lexislación medioambiental e de prevención de accidentes graves. Nun mundo globalizado da información, e pese a que existe liberdade de prensa, estas informacións non se fan publicas, o que favorece a operadores como Reganosa coas súas obras en plan de feitos consumados, a fume de carozo, comprando casas á súa ao redor para destruílas, presionando psicológicamente aos seus propietarios para botalos das súas vivendas, comprándollas de forma prepotente por cantidades moi por encima dos custos de mercado. Todo iso e o avance dos procesos xudiciais explica nos últimos meses a actividade frenética de Reganosa tratando de facerse coas vivendas próximas, aumentando as ofertas e presións reiteradas aos seus propietarios.

Esta información desmorona o pretexto da actual Xunta de Galicia quen respecto de Reganosa di que é estratéxica, o cal é falso. Faría ben esta nova Xunta de Galicia desengancharse do embolado envenenado e perigoso que herdou da anterior co proxecto de Reganosa. A Xunta de Galicia ten a obrigación de cumprir e facer cumprir a lexislación de medioambiente e a de prevención de riscos de accidentes graves, ademais neste caso debe acatar a sentenza 536/2004 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
En español

Por: Comité Cidadán | Noticias | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009