Sábado, 10 de Xuño de 2006
Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, desprazouse esta mañá ata a cidade da Coruña onde lle entregaron un dossier a George Stavros Kremlin, Xefe da Unidade Política de cohesión e avaliación de impacto ambiental da Unión Europea, quen participa na reunión plenaria conxunta da Rede Española e a Rede Europea de Autoridades Ambientais, que ten lugar estes días na Coruña. Solicitáronlle que requiera á Comisión Europea para que adopte unha decisión no expediente contra o estado español pola Planta de Gas de Reganosa.

No escrito que encabeza o dossier entregado en man esta mañá a George Stavros Kremlin, ao final da reunión que hoxe tiña lugar no Hotel Barceló-Coruña, o Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol invítalle a vir visitar Ría de Ferrol e que contraste a realidade dos feitos. Así mesmo, solicítalle que requiera aos Servizos Técnicos da Comisión Europea para que esta adopte unha decisión no Expediente de Queixa 5221/2001, no sentido de que o Goberno Español paralice as obras de Reganosa e non autorice a súa entrada en funcionamento.
No dossier entregado, inclúeselle unha copia do e-mail recibido da Comisión Europea en marzo pasado, informando que continúa aberto o expediente 5221/2001 contra o estado español por vulneración das directivas 85/337/CEE e 96/82/CE, no proxecto de Planta de Gas de Reganosa e no Complexo
Petroquímico adosado chamado “Forestal do Atlántico S.A.”. Infórmaselle que Reganosa ten unha autorización irregular de construción de 13-2-2004 cuns condicionados de imposible cumplimentación satisfactoria coa caprichosa ubicación elixida polos promotores, segundo a documentación do dossier
que inclúe tamén copia do escrito de 25 de abril pasado enviado ao organismo do Ministerio de Industria, quen ten competencias para a autorización de funcionamento que Reganosa ten obrigación de solicitar no caso de que chegase a terminar as obras.
Na entrevista con George Stavros houbo tempo para mostrarlle as paginas do dossier con fotos da poboación próxima aos tanques que constrúe Reganosa, o que demostra que vulnera o articulo 12 da Directiva Seveso II que requiere distancias suficientes á poboación e lugares de interese publico. Así mesmo mostróuselle o boletín nº 12 do Comité Cidadán con imaxes e un resumo dos riscos para a vida human e para a riqueza marisquera que seria aniquilada polos vertidos con hipoclorito no caso de que Reganosa chegase a entrar en funcionamento, ademais das perdidas no sector turístico e a destrución de
patrimonio histórico, entre outros impactos negativos.
George Stavros respondeu que o vindeiro luns entregaría o dossier a Xullo García Burgués, Xefe do Servizo Técnico de Medioambiente na Comisión Europea, quen fai uns dous anos substitueulle nesa responsabilidade que antes George Stavros exercera e na que nos recordou o ultimo escrito que asinara foi o dirixido a nós en marzo de 2004, antes de que os Servizos Técnicos de Medioambiente da Comisión Europea decidisen seguir co expediente aberto, a raíz das respostas con documentación e probas que posteriormente enviámoslle demostrando a vulneración das directivas europeas citadas.
Finalmente George Stavros deunos as grazas por esta visita que lle realizou unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol.
En español
Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)
Blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Do Comité:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com