Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Luns, 05 de Xuño de 2006

Manifesto do Comité ante o Día Mundial do Medioambiente

En Español

A pretensión de instalar unha planta de gas dentro da ría de Ferrol supón a maior agresión medioambiental que podería sufrir Galicia. No suposto de que Reganosa entrase en funcionamento, as vidas de miles de cidadáns de ferrolterra estarían permanentemente en perigo de morte, por asfixia ou calcinación. Tamén suporía a morte da riqueza marisqueira xa que os vertidos a ría de moita auga utilizada sairía mais fría, esterilizada, con restos de cloro e aniquilaría todo o ecosistema, provocando a perda de 700 empleos de mariscadores actuais e 1500 empregos mais que se producirán despois do saneamento integral da ría.



Nestes últimos meses e con probas documentais, temos alertado as Administracións Central e Autonómica, que a Reganosa non se lle pode autorizar o funcionamento porque a súa autorización de construcción ten condicionados de imposible cumprimento dentro da ría de Ferrol, entre eles:
• A distancia as poboacións debe ser superior os 2 km, segundo o regulamento de actividades perigosas RAMINP, e segundo a directiva europea Seveso II.
• Os buques gaseros no caso dunha emerxencia durante a descarga, deben poder saír a mar aberto rapidamente e polos seus propios medios

No ano 1997 a Xunta de Galicia, de tódalas rías galegas, decidiu sacrificar a de Ferrol. Desde entonces veñen dándose mais agresións a ría con recheos e vertidos incontrolados e tamén continuas agresións aos homes e mulleres que viven dela, sufrindo presións, multas e actuacións xudiciais contra as Cofradías de Mariscadores para que abandonen a súa actividade e desaparezan.

Mais hoxe co motivo do día mundial do medio ambiente do ano 2006, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere celebrar este día cunha concentración festival, nesta praza da constitución de Ferrol, para transmitirvos e celebrar que vemos próximo o fin do espolio e destrucción da nosa Ría, e despois de todos estes anos de loita ábrese un futuro esperanzador na confianza do bo facer da xustiza.

A partir do próximo mes de xullo, en calquera momento, o Tribunal Supremo pode tomar súa decisión, e agardamos que sexa ratificando a sentencia do Tribunal Superior de Galicia do ano 2004 e anulando a autorización irregular de construcción de Reganosa. Ademais o goberno central na súa resposta o grupo de Esquerda Unida dixolle que acatará o que diga o Tribunal Supremo.

En outro contencioso, dos 11 admitidos a trámite produxose recentemente un segundo varapalo aos promotores de Reganosa, polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid quen preguntou a Administración e a Reganosa que fixeron logo da devandita sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e díxolles que adoptará un acordo sobre a solicitude que lle fixemos de paralización cautelar das obras.

Esperamos que a decisión do Tribunal Supremo provoque a paralización das obras de Reganosa antes de que ésta solicite a obligatoria autorización de funcionamento. Ademais se agarda que algúns contenciosos mais tamén se gañen e que a Comisión Europea tome unha decisión, todo o cal tamen debe obrigar á paraliza-las obras e a non autorizar o funcionamento de Reganosa. Seus promotores e os outros operadores de gas natural teñen tempo dabondo para instalar unha planta de gas no Porto Exterior de Cabo Prioriño ou en mar aberto do Golfo Ártabro, a Xunta de Galicia terá que ter eso en conta.

En coherencia co actual proceso de avance estatutario, a Xunta de Galicia debería retirarse do seu recurso ao Tribunal Supremo, acatar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declarar nula a falsa avaliación ambiental do ano 2001 realizada pola Consellaría de Medioambiente e comunicalo ao Ministerio de Industria para que éste paralice as obras de Reganosa e non autorice seu funcionamento.

Hoxe queremos expresar o rexeitamento daqueles que, como no caso dos promotores de Reganosa, poñen o seu beneficio por encima ata da vida das persoas, apoiados pola Xunta de Galicia e determiñados poderes mediaticos. Tamén para recordar e esixir aos poderes públicos que deben de cumprir e facer cumprir a legalidade vixente. Facer oír a nosa voz na defensa do estado democrático é necesario. Nunca é tarde se evitamos unha futura traxedia, ademais do deber de combatir as situacións irregulares que en Galicia poidesen acontecer, similares a que recentemente foi descuberta en “Marbella”.

AMEAZAS A TODO GAS, ¡NON GRAZAS!, ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Por: Comité Cidadán | Boletíns - Manifestos | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Programacion tv