Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Martes, 23 de Maio de 2006

¡Acude á Concentración - Festival, o sábado 3 de xuño!

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Xuño 2006
A pretensión de instalar unha planta de gas na Ría de Ferrol supón a maior agresión medioambiental que se está a producir en Galicia. Trátase dunha moi grave ameaza para a vida de miles de cidadáns, para miles de postos de traballo dependentes dunha riqueza marisqueira que sería destruída no caso de que Reganosa entrase en funcionamento.
A pesares dunha sentencia negativa, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en xuño de 2004, os promotores de Reganosa seguen adiante cos seus propósitos, contando cunha insensata complicidade mediática e institucional.
Cando imos a celebrar o día mundial do medioambiente, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todos os cidadáns a unha Concentración e Festival Musical o vindeiro sábado 3 de xuño as oito e media da tarde, na Praza da Constitución do Cantón de Ferrol, para expresar o noso rexeitamento daqueles que, como neste caso, poñen o seu beneficio por riba incluso da vida das persoas, e lembrar e esixir unha vez máis ós poderes públicos a obriga de cumprir e facer cumprir a legalidade vixente.
Este 9 de maio prodúxose un segundo varapalo á Administración Central, á Xunta de Galicia e a Reganosa. O Tribunal Superior de Justicia de Madrid, no trámite aberto de solicitude de paralización cautelar das obras de Reganosa, preguntoulles a todos eles que fixeron despois da sentencia 536/2004 do TSXG de 23 de xuño que anulou a falsa avaliación ambiental de Reganosa.
En coherencia co actual proceso de mellora estatutaria, a Xunta de Galicia debería retirarse do seu recurso ao Tribunal Supremo, debería acatar a sentenza do TSXG, declarar nula a falsa avaliación ambiental do ano 2001 realizada pola Consellaría de Medioambiente e comunicalo ao Ministerio de Industria para que este paralice as obras de Reganosa.
Facer oír a nosa voz na defensa do estado democrático é necesario. Nunca é tarde se evitamos unha futura traxedia, ademais da obriga de evitar que en Galicia as irregularidades fagan callo na “marbellización” da política.


Por: Comité Cidadán | Convocatorias | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos


Estadisticas web
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Temperaturas