Venres, 12 de Maio de 2006
A paralización cautelar das obras de Reganosa, é unha posibilidade que sigue aberta na Sala 6 do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, según unha Providencia de dito Tribunal comunicada ás partes o 9 de maio pasado, a raíz dun recurso de súplica cos demandantes presentaron con fotos de vivendas próximas.
Trátase do contencioso nº 96/04 admitido a trámite no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), contra a autorización de construción de 13 de febreiro de 2004, presentado por varias asociacións integradas no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O 16 de febreiro pasado a representación de ditas asociacións presentaron un recurso de súplica acompañando fotos nas que é evidente a cercanía de núcleos de poboación ás instalacións que Reganosa constrúe, vulnerando o RAMINP que esixe como mínimo dous kilómetros de distancia, para que dito Tribunal sentencie a paralización cautelar das obras a fin de evitar danos irreversibles ás vivendas e/ou habitantes en ditas poboacións próximas en Mugardos e na cidade de Ferrol.
A Providencia de 9 de maio da Sala 6ª do TSJM, ten unha redacción moi escueta pero enténdese ben que é un varapalo para Reganosa (codemandada), e máis á Administración Central demandada, que en febreiro de 2004 aprobara a autorización de construción de Reganosa e estes últimos meses aprobara os seus gasodutos sen ter en conta que nos primeiros kilómetros o seu trazado provocaría danos irreversibles ás vivendas e espazos de chan urbano edificable, cando según a Constitución de 1978 a vivenda é un dereito fundamental.
Según a Providencia, a Sala 6ª do TSJM acordou remitir exhorto ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en relación coa sentenza 536/2004 de 23 de xuño de dito Tribunal Autonómico que anulou a falsa avaliación ambiental realizada por Reganosa na que se fundamenta a autorización de construción: “para que se informe”:
“Se existe ou non firmeza da sentencia 536/2004, de data 23 de xuño de 2004, dictada no p.o. 342/02.” (o nº 342/02 é o contencioso presentado polo Concello de Ferrol ao TSXG).
“Medidas acordadas no seu caso, en relación coa súa execución. E actuación da Administración en relación con dita resolución. E solicítase á codemandada Regasificadora del Noroeste, a través do seu representación en autos, informe sobre se se adoptou algunha medida en relación coa avaliación de impacto ambiental.”
En resume de todos eles a Sala 6ª do TSJM solicita información para tomar unha decisión sobre o recurso de súplica interposto contra a desestimación da medida cautelar na que as asociacións demandantes solicitan a suspensión das obras de Reganosa.

A Avogacía do Estado no seu escrito de 3 de abril oponse ao recurso de súplica, cualifica de proba contundente as fotos aportadas. Pero, propón desestima-las por cuestións de forma e dúbida de que as vivendas esten tan preto. Por elo non parece casualidade cos pasados 2 e 4 de maio Reganosa teña derrubado dúas vivendas próximas que tiña mercado, ademais de outras tres que anteriormente tiña derrubado.
Tamén esa providencia é un toque de atención á actual Xunta de Galicia que herdou da anterior un disparate que ameaza a vida humana na Ría de Ferrol. Por iso consideramos un erro de vulto ca Xunta de Galicia, por un mal asesoramento, afronte o asunto de maneira informal dicindo que “Reganosa é estratéxica” e que “a súa construción está moi avanzada”.
Para ser coherente no actual proceso de mellora estatutaria, que tamén debe beneficiar ao TSXG como derradeira instancia para asuntos de ámbito autonómico, a Xunta de Galicia debería retirarse do recurso ao Tribunal Supremo contra a sentenza 536/2004 do TSXG. Así mesmo, a Xunta debería acatar dita sentenza, declarar nula a falsa avaliación ambiental de 11-06-2001 realizada pola Consellaría de Medioambiente e comunica-lo ao Ministerio de Industria para que paralice as obras.
En español
Por: Comité Cidadán | Comunicados | Comentarios (0) | Referencias (0)
Blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Do Comité:
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com